Política de privacidade

Identificación do responsable do tratamento e, no seu caso, do encargado do tratamento.

O responsable do tratamento é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes con domicilio en Edificio Administrativo de San Caetano, S/N, Santiago de Compostela.

O encargado do tratamento é a Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia (Amtega) para o desenvolvemento, mantemento, aloxamento e xestión do sistema e da aplicación a través da que se da acceso ás persoas usuarias.

Contacto delegado de Protección de Datos: https://www.xunta.gal/delegados-de-proteccion-de-datos

Categorías de datos tratados.

Os datos persoais que se utilizarán no caso de que o usuario decida empregar a aplicación serán os seguintes:

  • Número de identificación fiscal do usuario, para identificarse na aplicación.

A aplicación tamén poderá comprobar a existencia de aplicacións xa instaladas no seu dispositivo e / ou acceder á súa información nos seguintes casos:

  • No caso de que consinta o acceso á aplicación da cámara do dispositivo, coa finalidade de permitir a incorporación de imaxes ás actuacións rexistradas.

Orixe dos datos.

  • Datos facilitados pola persoa usuaria da Aplicación.
  • Datos obtidos do dispositivo móbil.

Finalidades do tratamento e funcionalidades da aplicación.

Os datos serán utilizados para fins relacionados coa operativa de traballo das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Galicia.

Lexitimación para o tratamento dos datos persoais.

Os tratamentos de datos persoais, derivados da operativa da App realizaranse en base a unha misión realizada en interese público baseada na Lei 5/2007, de 7 de maio, de Emerxencias de Galicia.

Máis información en https://www.xunta.gal/rexistro-de-actividades

Prazo de conservación dos datos.

Os datos conserváranse durante o tempo necesario para cada unha das funcionalidades da App e procederase á súa supresión, anonimización e/ou bloqueo conforme ao previsto na normativa vixente.

Categorías de destinatarios dos datos persoais.

O responsable do tratamento, a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, para as finalidades descritas no apartado 3, permitirá o acceso aos datos persoais a Amtega na súa condición de encargado do tratamento.

Dereitos das persoas interesadas respecto dos seus datos e a súa solicitude.

O responsable do tratamento garantirá e facilitará en todo momento á cidadanía o exercicio dos seus dereitos en materia de protección de datos persoais. Estes dereitos son:

  • Dereito de acceso: dereito a obter confirmación sobre se se están tratando os datos e información, no seu caso, sobre o devandito tratamento.
  • Dereito de rectificación: dereito a solicitar a rectificación dos datos cando sexan inexactos.
  • Dereito de supresión ou esquecemento: dereito a obter a supresión dos datos nos termos previstos na normativa vixente.
  • Dereito de oposición: dereito a opoñerse, en calquera momento, a que os datos persoais sexan obxecto de tratamento.
  • Dereito á limitación do tratamento: dereito a que o responsable limite o tratamento dos datos da persoa interesada nos supostos recolleitos na normativa vixente.
  • Dereito á portabilidade dos datos: dereito a recibir os datos que proporcionou nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, ou a que sexan transmitidos directamente a un terceiro nos supostos establecidos na normativa vixente.
  • Dereito a non ser obxecto de decisións individuais automatizadas: dereito a non ser obxecto dunha decisión baseada unicamente no tratamento automatizado, incluída a elaboración de perfís, que produza efectos xurídicos no interesado ou lle afecte de xeito significativo ou de modo similar.
  • Dereito a retirar o consentimento: cando o tratamento dos datos estea baseado no consentimento das persoas interesadas, estas poderán retirar o consentimento outorgado en calquera momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento previo á súa retirada. Sen prexuízo de calquera outro recurso, as persoas interesadas terán dereito tamén a presentar unha reclamación ante a autoridade de control (Axencia Española de Protección de Datos).

As persoas interesadas poden dirixir as súas comunicacións e exercitar os seus dereitos da seguinte maneira:

  • En liña: na sede electrónica da Xunta de Galicia a través do procedemento denominado PR004A.
  • Presencial: presentando a súa solicitude firmada e por escrito en calquera das Oficinas de atención á cidadanía e rexistro propias da Xunta de Galicia ou en calquera outra oficina ou rexistro dos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común para a presentación de documentos que as persoas interesadas dirixan ás Administracións públicas.

En todo caso, se as persoas interesadas consideran vulnerado o dereito á protección dos seus datos persoais, poderán interpoñer unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.

Con carácter previo á presentación dunha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos, poderán dirixirse ao Delegado ou Delegada de Protección de Datos (DPD) que corresponda.

Para contactar cos diferentes Delegados/as de Protección de Datos da Xunta de Galicia pódese empregar este formulario. Pode consultar máis información en https://www.xunta.gal/es/exercicio-de-dereitos

Política de cookies.

Esta aplicación emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que unha aplicación pode descargar nun dispositivo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega.

As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas nesta aplicación poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación.

Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookies segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona a aplicación.
  • Cookies persistentes: permanecen no dispositivo durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se emprega a aplicación que creou esa cookie.

Tipos de cookies segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización da aplicación por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: para o caso desta aplicación, aquelas que se envían desde un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookies segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do/a usuario/a pola aplicación e o emprego dos servizos dispoñibles nel.
  • Cookies analíticas: aquelas que permiten a medición e a análise do comportamento das persoas usuarias na aplicación co fin de introducir melloras nel.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar información e personalizar a experiencia das persoas usuarias como, por exemplo, o idioma escollido.

Descrición das cookies

Descrición das cookies

Tipo de Cookie Cookie Finalidade Entidade
Cookie de Sesión JSESSIONID Manter a sesión Propia
Cookie de Sesión ROUTEID Manter a sesión Propia

Normativa aplicable.

  • Regulamento (UE) 2016/679, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento Xeral de Protección de Datos).
  • Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.